Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:boimorto:outras:difusion_do_boimorto_pospetroleo_durante_o_festival_da_luz
Translations of this page:

Boimorto pospetróleo: Difusión do “Boimorto pospetróleo” durante o Festival da Luz

Descrición

Aproveitar a difusión no exterior que supón a celebración anual do Festival da Luz para dar a coñecer a adaptación de Boimorto ao Teito do petróleo, as medidas que se están a tomar, a difusión xeral do problema e atraer proxectos sociais e comunitarios de adaptación pospetróleo que queiran implantarse no concello. Organizar actividades e espazos específicos todos os anos sobre a cuestión, con charlas dos principais divulgadores, paneis informativos, visitas organizadas dos asistentes aos diversos proxectos que se estean a facer no concello neste terreo, etc. Convidar a proxectos en sintonía coa adaptación pospetróleo radicados na bisbarra para que participen no mesmo, especialmente os que teñan encaixe co “Mercado da Colleita” que se celebra dentro do Festival. Aprofundar nos valores de sustentabilidade do Festival. Destinar os fondos solidarios recadados durante o festival a financiar proxectos de adaptación pospetróleo do concello e da bisbarra. Procurar que o cartel de artistas participantes inclúa músicos especialmente concienciados coa cuestión e que fagan concertos acústicos ou unplugged (sen consumo de electricidade).

Elaborar un plan de redución do consumo enerxético do propio evento, tanto no consumo de electricidade e combustible durante o mesmo como nos desprazamentos que teñan que efectuar os asistentes, tanto artistas como expositores ou público en xeral, como mostra de coherencia co descenso enerxético. Instalación de wáteres secos sen produtos químicos, alumeado mediante enerxías renovables, etc.

Estado

Proposta.

Comentarios

Outras medidas relacionadas

Referencias (bibliografía, etc.)

Arquivos anexos

FIXME Falta engadir etiquetas.

gl/boimorto/outras/difusion_do_boimorto_pospetroleo_durante_o_festival_da_luz.txt · Última modificación: 2015/05/13 08:44 por touda

Municipios pospetroleo