Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:boimorto:urbanismo:incentivacion_da_instalacion_no_municipio_de_proxectos_de_vida_pospetroleo
Translations of this page:

Boimorto pospetróleo: Incentivación da instalación no municipio de proxectos de vida pospetróleo

Descrición

Favorecer a instalación de persoas, familias, empresas e outros colectivos de fóra que teñan un proxecto viable de vida pospetróleo/ecolóxica/sustentable no rural e que poidan beneficiar ao conxunto da veciñanza cos seus coñecementos e experiencia: artesáns (co barro, do coiro, canteiros…) e outros oficios non industriais, proxectos de cultivo agroecolóxico, proxectos de permacultura e bosques de alimentos, expertos en bioconstrución e arquitectura bioclimática, profesionais da medicina natural, etc., procurando que haxa sinerxia entre eles. Estabelecer contactos con redes como O Rural Quere Xente, o Foro da Galiza Pospetróleo e outras para que as persoas interesadas coñezan as facilidades e características que ofrece Boimorto para a instalación deste tipo de proxectos, ofrecer instalacións do concello para a realización deste tipo de encontros a nivel galego, estatal ou europeo. Realizar comunicacións cos galegos da Diáspora oriundos de Boimorto, por medio dos centros galegos das zonas de maior recepción dos emigrantes da zona, así como facendo uso das redes sociais, para dar a coñecer este tipo de programas, nos que se darían facilidades para localizar terras, rebaixas de impostos, etc. para os proxectos cun encaixe claro que contribúa a un Boimorto próspero pospetróleo. Realizar unha campaña nos medios de comunicación galegos para dar a coñecer o programa de atracción de proxectos. Favorecer dentro deste programa a rehabilitación e aluguer de casas tradicionais para acoller estes proxectos, así como a cesión de terras que formen parte do Banco de Terras ou sexan de titularidade municipal.

Estado

Proposta.

Comentarios

Outras medidas relacionadas

Referencias (bibliografía, etc.)

Arquivos anexos

FIXME Falta engadir etiquetas.

gl/boimorto/urbanismo/incentivacion_da_instalacion_no_municipio_de_proxectos_de_vida_pospetroleo.txt · Última modificación: 2015/05/13 08:25 por touda

Municipios pospetroleo