Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:guia:economia:poner_en_marcha_alternativas_a_moeda_oficial
Translations of this page:

Poñer en marcha alternativas á moeda oficial

Descrición

Crear unha moeda complementaria local amparada polo concello coa colaboración das agrupacións de empresas e comerciantes. Ofrecer como referencia lexitimadora outras moedas locais que levan tempo funcionando (SOL Violette en Toulouse, Sardex en Cerdeña, Totnes Pound, Ithaca Hours, Toronto Dollars, o real de Vila-real en Castellón, etc. —Asociación Touda, 2013). Defender a súa contribución para fornecer liquidez (por exemplo cun sistema de crédito mutuo) a empresas con capacidade produtiva pero escasas de financiamento e/ou para financiar iniciativas comunitarias de transición. Mediante este sistema moitas pequenas cidades financiaron as súas obras públicas na década de 1930, como nos lembra Bill Mollison (1988, 541).

Crear un banco de tempo municipal de amplo alcance, complementario coa moeda local. Defender os seus beneficios sobre todo para axudar a persoas desempregadas, xubiladas, estudantes, etc.

Estado

Proposta xenérica.

Comentarios

Referencias (bibliografía, etc.).

Arquivos anexos.

FIXME Hai que engadir máis etiquetas

gl/guia/economia/poner_en_marcha_alternativas_a_moeda_oficial.txt · Última modificación: 2017/01/19 16:51 por touda

Municipios pospetroleo