Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:guia:outras:difundir_o_problema
Translations of this page:

Difundir o problema e todo o preciso para o cambio social

Descrición

Facer reunións o antes posíbel con todo tipo de asociacións, empresas, centros de ensino, medios de comunicación local, etc., explicando claramente os posíbeis escenarios aos que se enfrontarán. Facer unha moción pública sobre o asunto, marco para todas as actuacións aquí suxeridas e outras que houber.

Pode ser útil neste proceso de concienciación instalar paneis informativos en lugares estratéxicos da cidade con lemas sobre o Teito do Petróleo e a prol do aforro enerxético, e mesmo instalar nun lugar de moito paso de vehículos un panel LED alimentado por enerxía solar que amose o prezo do barril de petróleo de maneira actualizada ou gráficas da súa evolución en diferentes períodos (1 mes, 6 meses, 1 ano, 5 anos).

Colaborar activamente para que se realicen charlas, xornadas, actividades formativas, actividades escolares, proxeccións de documentais, debates públicos, publicacións, etc., sobre os seguintes temas:

  • O Teito do Petróleo.
  • O aforro enerxético.
  • A resiliencia comunitaria.
  • Habilidades útiles nun mundo sen petróleo.
  • Agricultura natural/ecolóxica/tradicional.
  • Permacultura.
  • Decrecemento.
  • Autoprodución e conservación de alimentos.
  • Compostaxe caseira.
  • Alimentos silvestres da localidade.
  • Outros aproveitamentos útiles das plantas locais (para tinguiduras, fitoterapia, xabón, etc.).
  • Manexo axeitado e substitución de tóxicos no fogar.
  • Etc.

Crear unha guía local de persoas con coñecementos en todas esas áreas.

Estado

Proposta xenérica.

Comentarios

Outras medidas relacionadas

Referencias (bibliografía, etc.).

Arquivos anexos.

FIXME Hai que engadir máis etiquetas

gl/guia/outras/difundir_o_problema.txt · Última modificación: 2014/08/13 09:01 por touda

Municipios pospetroleo