Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:guia:urbanismo:revisar_a_normativa_urbanistica_en_clave_de_peak_oil
Translations of this page:

Revisar a normativa urbanística en clave de Peak Oil

Descrición

Nas cidades, sobre todo:

  • Desincentivar a construción de espazos de lecer, consumo ou servizos na periferia. Achegar de novo os servizos á xente.
  • Facer posíbel para todos os habitantes residir, traballar, comprar, pasear e ter espazos de lecer no mesmo barrio ou nun contiguo. Repensar a estrutura da cidade para volver a un modelo de usos mesturados, diversos e densos e á vida en proximidade; é dicir, que estean accesíbeis a menos de 10 minutos andando: residencia, escola, traballo, lecer, comercio e transporte cara ao exterior.
  • Fomentar a instalación de paneis solares nos edificios, miniturbinas eólicas e outros sistemas de autoabastecemento enerxético, subvencionando a súa instalación ou achegando créditos. Procurar que se faga por medio de empresas locais que traballen neste sector e con moeda local, de esta existir.
  • Promover o illamento das vivendas, o seu aproveitamento solar pasivo e penalizar o seu consumo enerxético.
  • Promover a residencia no centro das cidades: alugueiro de casas baleiras, alugueiro de cuartos.
  • Revisar os PXOM para procurar que non se constrúa nas mellores terras para cultivo que posúa o municipio, se for posíbel cualificándoas con algunha protección.
  • Revisar en profundidade toda a normativa para que non dificulten o dereito das persoas a cultivar o seu alimento, protexer os bosques, dispoñeren de vivenda ou obteren auga.

Estado

Proposta xenérica.

Comentarios

Referencias (bibliografía, etc.).

Arquivos anexos.

FIXME Hai que engadir máis etiquetas

gl/guia/urbanismo/revisar_a_normativa_urbanistica_en_clave_de_peak_oil.txt · Última modificación: 2014/08/13 08:41 por touda

Municipios pospetroleo