Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:lousame:economia:axudar_a_construir_o_novo_mercado_relocalizado
Translations of this page:

Lousame pospetróleo: Axudar a construír o novo mercado relocalizado

Descrición

  • Fomentar a reorientación das empresas produtivas cara ao consumo local e das áreas próximas.
  • Apoiar proxectos empresariais que fornezan produtos substitutivos aos importados.
  • Favorecer a creación de empresas de servizos que non impliquen elevados consumos materiais e de enerxía.
  • Revisar a política de compras municipais dándolle prioridade ao abastecemento en mercados e produtores locais. Apoio ás redes locais de distribución de alimentos, así como ás cooperativas de consumo ecolóxico e local.
  • Reforzar o comercio de proximidade, sobre todo o alimentar e de produtos de primeira necesidade. Contribuír ao estabelecemento de redes locais de subministración. Asegurar a subministración local de alimentos á poboación debe ser a prioridade absoluta do goberno, e pode axudar a ela de múltiples maneiras.
  • Fomentar a creación de pequenas granxas, hortas e viveiros ecolóxicos xestionadas por colectivos sociais e comunidades de montes, destinadas ao autoabastecemento.
  • En todas aquelas medidas nas que se traballe con fontes locais e resilientes, cuantificar o aforro para o municipio (e para a veciñanza) que implica usaren esas fontes, como medio para demostrar que as medidas melloran de facto a economía do municipio nesta época de dificultades.
  • Fomentar a integración das persoas en situación de desemprego —sobre todo as de longa duración— en novos oficios e servizos para a resiliencia. Ofrecer incentivos para a recuperación de oficios que impliquen reparación, mantemento e reciclaxe local de materiais usados. Integrar os puntos limpos do municipio con estes servizos.
  • Crear a marca e etiqueta “Feito n Lousame” que visualice a produción local, tanto internamente como de cara ao exterior, e que ao tempo que axude aos veciños a apoiar os produtos locais, proxecte no exterior unha imaxe de calidade e produción sustentábel.

Estado

gl/lousame/economia/axudar_a_construir_o_novo_mercado_relocalizado.txt · Última modificación: 2015/04/14 16:53 por touda

Municipios pospetroleo