Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:lousame:economia:crear_unha_entidade_financeira_local
Translations of this page:

Lousame pospetróleo: Crear unha entidade financeira local

Descrición

Estudar a creación dun banco ou caixa de aforros municipal, cooperativa de crédito ou institución semellante, que apoie a economía local, por exemplo mediante a concesión de créditos (baseados no aforro local) a iniciativas que faciliten a transición a unha economía relocalizada e pospetróleo. Unha das normas desta entidade sería que os aforros das persoas de Lousame serían unicamente prestados a iniciativas das sete parroquias. Estes créditos poden ser concedidos a baixas ou nulas taxas de xuro, e mesmo ser concedidos en moeda local, se esta se estabelecer. Ao non cobrarlles xuros (ou seren estes moi baixos) ás persoas e entidades ás que lles concedese créditos, tampouco podería esta entidade pagar xuros á xente que deposite nela os aforros e, xa que logo, o interese destes depósitos sería indirecto, ao permitir fortalecer e dinamizar a economía local en beneficio de toda a veciñanza. O control e goberno desta entidade (por exemplo a decisión de a que proxectos concede crédito), deberían ser locais e democráticos, o cal sería outro incentivo para as persoas lle confiaren os seus aforros.

Esta entidade debería incluír —ou colaborar con— unha comisión de estudos con participación veciñal que analizase a viabilidade dos proxectos que solicitan crédito, e que proactivamente detectase áreas nas que a liquidez abandona a localidade, así como servizos e produtos esenciais que actualmente hai que importar e que puidesen ser ofrecidos localmente para promover a creación de empresas ou proxectos que se ocupasen desas necesidades, preferentemente a cargo de persoas actualmente sen emprego. Tamén sería interesante que se ocupase ou promovese actividades de formación e de reciclaxe profesional nesa mesma liña.

Estado

gl/lousame/economia/crear_unha_entidade_financeira_local.txt · Última modificación: 2015/04/14 16:53 por touda

Municipios pospetroleo