Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:lousame:economia:dotar_a_lousame_de_empresas_preparadas_para_o_peak_oil
Translations of this page:

Lousame pospetróleo: Dotar a Lousame de empresas preparadas para o Peak Oil

Descrición

  • Promover a creación de empresas sustentábeis e resilientes mediante un programa específico. Apoiar iniciativas empresariais non dependentes do petróleo e que fornezan produtos ou servizos de primeira necesidade. Incorporar unha avaliación de sustentabilidade e resiliencia fronte ao Teito ao proceso de selección de empresas de nova creación asesoradas polas áreas de promoción económica do concello.
  • Fomentar a reconversión de empresas para reducir a súa dependencia directa ou indirecta do petróleo, e mesmo para reorientalas á produción de elementos vitais para a comunidade.
  • Elaborar unha guía para esa reconversión, crear un ponto focal municipal que facilite auditorías de dependencia e asesoramento para o proceso de adaptación, etc.
  • Promover a creación de cooperativas en cada parroquia, orientadas á satisfacción das necesidades dos seus habitantes e nas que traballen os propios veciños e veciñas.
  • Facilitar a reconversión de edificios infrautilizados como centros cooperativos para este tipo de proxectos económicos locais, que lles permitan compartir recursos e aforro en consumos (de enerxía, comunicacións, etc.).

Estado

gl/lousame/economia/dotar_a_lousame_de_empresas_preparadas_para_o_peak_oil.txt · Última modificación: 2015/04/14 16:52 por touda

Municipios pospetroleo