Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:lousame:outras:defender_a_soberania_autosuficiencia_alimentar
Translations of this page:

Lousame pospetróleo: Defender a soberanía/autosuficiencia alimentar do municipio

Descrición

  • Declarar Lousame zona libre de transxénicos: prohibición dos transxénicos para conservación da biodiversidade e a independencia de empresas e insumos de fóra.
  • Crear un banco municipal de alimentos e produtos de primeira necesidade. Os alimentos deberían vir preferentemente das hortas locais, particulares ou comunitarias, e dos excedentes das empresas de alimentación locais.
  • Crear un banco de terra para poñer en contacto a propietarios de fincas potencialmente produtivas e a persoas interesadas na produción hortícola ou agrícola pero que non dispoñan de terra suficiente.
  • Crear comedores sociais para que as persoas que non teñan recursos se poidan alimentar, dotados con alimentos procedentes da localidade. Podería funcionar de xeito voluntario e a base de doazóns ou ben integrarse no sistema de moeda local, aceptándoa como pagamento polas comidas e pagando con ela ás explotacións agrícolas locais e tendas que fornecesen alimentos. Despois, estes produtores e comercios poderían pagar con ela ás propias persoas necesitadas a cambio de axudas esporádicas nos seus negocios.
  • Crear un matadoiro municipal e centros públicos de procesado de alimentos para poñer a disposición dos cidadáns aparellos para a esterilización e a fabricación de conservas de diverso tipo.

Estado

gl/lousame/outras/defender_a_soberania_autosuficiencia_alimentar.txt · Última modificación: 2015/04/14 16:47 por touda

Municipios pospetroleo