Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:lousame:outras:difundir_o_problema_e_todo_o_preciso_para_o_cambio_social
Translations of this page:

Lousame pospetróleo: Difundir o problema e todo o preciso para o cambio social

Descrición

  • Facer reunións o antes posíbel con todas as asociacións, empresas, comunidades de montes, centros de ensino, etc., explicando claramente os posíbeis escenarios aos que se enfrontarán. Facer unha moción pública sobre o asunto, marco para todas as actuacións aquí suxeridas e outras que houber.
  • Colaborar activamente para que se realicen charlas, xornadas, actividades formativas, actividades escolares, proxeccións de documentais, debates públicos, publicacións, etc., sobre os seguintes temas:
    1. O Teito do Petróleo.
    2. O aforro enerxético.
    3. A resiliencia comunitaria.
    4. Habilidades útiles nun mundo sen petróleo.
    5. Agricultura natural/ecolóxica/tradicional.
    6. Permacultura.
    7. Decrecemento.
    8. Autoprodución e conservación de alimentos.
    9. Compostaxe caseira.
    10. Alimentos silvestres da localidade.
    11. Outros aproveitamentos útiles das plantas locais (para tinguiduras, fitoterapia, xabón, etc.).
    12. Manexo axeitado e substitución de tóxicos no fogar, etc.

Estado

gl/lousame/outras/difundir_o_problema_e_todo_o_preciso_para_o_cambio_social.txt · Última modificación: 2015/04/14 16:48 por touda

Municipios pospetroleo