Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:lousame:urbanismo:reformas_para_o_aforro_e_eficiencia_enerxeticos_e_de_recursos
Translations of this page:

Lousame pospetróleo: Reformas para o aforro e eficiencia enerxéticos e de recursos

Descrición

  • Aplicar reformas bioclimáticas e de eficiencia enerxética aos edificios de titulariedade municipal.
  • Implantar sistemas de tratamento de residuos sólidos e de augas residuais que sexan realmente sustentábeis e autosuficientes. Aproveitar o residuo seco obtido tras o tratamento de augas residuais para a agricultura.
  • Compostar e reciclar ao máximo, estabelecendo unidades de procesamento comunitarias dedicadas a esta función. Promover a compostaxe individual, comunitaria e local de todos os residuos orgánicos que se produzan no municipio e o emprego do compost así obtido na produción local de alimentos.
  • Promover a creación de servizos comunitarios en cada parroquia ou nas diversas aldeas para reducir o consumo enerxético particular, por exemplo.

Estado

gl/lousame/urbanismo/reformas_para_o_aforro_e_eficiencia_enerxeticos_e_de_recursos.txt · Última modificación: 2015/04/14 16:51 por touda

Municipios pospetroleo