Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:lousame:urbanismo:revisar_a_normativa_urbanistica_en_clave_de_peak_oil
Translations of this page:

Lousame pospetróleo: Revisar a normativa urbanística en clave de Peak Oil

Descrición

  • Achegar os servizos administrativos e sociais a todas as parroquias.
  • Avanzar para un modelo no que todos os habitantes poidan residir, traballar, comprar e ter espazos de lecer na propia parroquia ou nas contiguas.
  • Fomentar a instalación de paneis solares nos edificios, miniturbinas eólicas e outros sistemas de autoabastecemento enerxético. Procurar que se faga por medio de empresas locais que traballen neste sector e con moeda local.
  • Promover o illamento das vivendas, o seu aproveitamento solar pasivo e penalizar o seu consumo enerxético.
  • Promover a reocupación das aldeas: alugueiro de casas baleiras, incentivos á restauración, etc.
  • Revisar os PXOM para procurar que non se constrúa nas mellores terras para cultivo de Lousame, cualificándoas con algunha protección.
  • Revisar en profundidade toda a normativa para que non dificulten o dereito das persoas a cultivar o seu alimento, protexer os bosques, dispoñeren de vivenda ou obteren auga.

Estado

gl/lousame/urbanismo/revisar_a_normativa_urbanistica_en_clave_de_peak_oil.txt · Última modificación: 2015/04/14 16:50 por touda

Municipios pospetroleo