Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:teo:indice
Translations of this page:

Medidas urxentes para un Teo pospetróleo

Estas medidas foron creadas por Véspera de Nada en xuño de 2013, e entregadas ao alcalde Martiño Noriega na xuntanza que o 11/06/2013 mantivemos con el, como continuación dos diversos contactos que se iniciaran a raíz da aprobación en 2010 da declaración institucional deste concello recoñecendo o problema do Peak Oil. O documento tiña o título de Propostas de medidas urxentes para o concello de Teo se preparar fronte ao Teito do petróleo (Peak Oil) e a última versión do mesmo foi a 0-2-1. É un dos plans de medidas máis extensos e detallados que elaborara Véspera de Nada antes de 2015.

Organízanse nas seguintes áreas (clasificación algo diferente da elaborada para outros concellos):

Dentro destas medidas, marcáronse algunhas como prioritarias por combinaren as seguintes características:

  1. Terían potencialmente un considerable impacto efectivo dentro dos obxectivos xerais que procura este conxunto de medidas.
  2. Convén facelas coa maior urxencia posible.
  3. Poderían ser postas en marcha suficientemente antes das eleccións municipais de primavera de 2015.
  4. Non terán previsiblemente un gran custo económico.

Tamén se marcaron aquelas que, ao noso entender, podían crear emprego máis directamente.

gl/teo/indice.txt · Última modificación: 2015/06/10 08:30 por touda

Municipios pospetroleo