Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:vigo:outras:plan_para_a_reducion_do_lixo_e_a_prol_da_compostaxe
Translations of this page:

Vigo pospetróleo: Plan para a redución do lixo e a prol da compostaxe

Descrición

Non contribuír á incineración do lixo, apostando pola compostaxe do lixo orgánico de maneira descentralizada, e preferiblemente doméstica. Plano de Xestión do lixo centrado na redución, reutilización e reciclaxe do lixo. Favorecer a posta en marcha dunha planta de compostaxe de residuos orgánicos a nivel comarcal ou mesmo local. Revisión da normativo dos Puntos Limpos para a inclusión de todo tipo de residuos domésticos perigosos, para evitar a súa liberación no ambiente. Estudar a conveniencia de engadir un novo tipo de contedor para residuos orgánicos compostables. Estudar a conveniencia de implantar un sistema de recollida de lixo porta a porta (alomenos na zona urbana), de tal maneira que quen menos lixo produza pague menos taxas por este concepto e se favoreza así que cada familia composte. Promover unha estratexia de residuo cero.

Estado

Proposta asumida en 2015 pola Marea de Vigo, aínda que na redacción final do programa non figurase por erro, segundo nos informou David Rodríguez, membro da candidatura.

Comentarios

Outras medidas relacionadas

Referencias (bibliografía, etc.)

Arquivos anexos

FIXME Falta engadir etiquetas

gl/vigo/outras/plan_para_a_reducion_do_lixo_e_a_prol_da_compostaxe.txt · Última modificación: 2015/05/21 10:55 por touda

Municipios pospetroleo