Xa temos cartaz para o 2º dos nosos actos de presentación oficial á sociedade amesá. O vindeiro venres 17 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 h.
O contido do acto será análogo ao celebrado o pasado sábado en Bertamiráns. Desta volta o alcalde de Ames, José Miñones, si ten confirmada a súa presenza e farémoslle entrega do informe sobre os límites do crecemento que publicara o Parlamento Británico recentemente, e que o compañeiro Ramóm Flores d’as Seixas de Véspera de Nada traduciu ao galego.

Fotograma da película ‘Non hai mañá’
Despois das intervencións do profesor Xoán Ramón Doldán e do noso presidente, Emilio Román Leis, teremos un debate coas persoas asistentes que esperamos sexa tan frutífero e interesante como o que houbo no acto de Bertamiráns.
[Actualización 17/06/16]
- A nova no web do concello: “O colectivo Ames Pospetróleo faralle entrega ao alcalde dun informe do parlamento británico acerca do declive enerxético”.
- A noticia en El Correo Gallego: “Ames Pospetróleo anima al Concello a que ‘pase’ del fuel”.
- A nova en La Voz de Galicia: “[Ames] Pospetróleo entrega al alcalde un informe británico sobre el declive energético”.
- A nova no web de Radio Obradoiro: O colectivo Ames Pospetróleo faralle entrega ao alcalde dun informe do parlamento británico acerca do declive enerxético .
- O evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1044286378983839/