100

Máis de cen programas, unha nova tempada e un novo fogar web

Vivirmos nun mundo finito, programa de Ames Pospetróleo para Ames RadioO pasado mes de maio, case ao final da nosa anterior tempada do programa Vivirmos nun mundo finito, superamos o cento de emisións. Todo un mérito para un programa de radio cidadá, un programa nas ondas da emisora municipal do noso concello, que fala de temas tan pouco presentes nos medios de comunicación coma o colapso, o Decrecemento, o Peak Oil, etc.

Ao comezo da nova tempada, neste outono de 2022, tamén vimos de mudar de ubicación o noso sitio web. Grazas ao aloxamento que nos fornece a Asociación Touda, responsable do Instituto Resiliencia ubicado tamén en Ames, agora xa non dependemos da empresa de WordPress e temos un espazo de noso baixo o dominio Pospetroleo.com, onde xa se viñan ubicando as propostas elaboradas pola nosa asociación e presentadas aos grupos políticos municipais hai uns anos, para facer fronte á crise enerxética que xa entón anticipabamos.

Casdeiro en Ames Radio

Fotografía: Ames Radio.

Así teremos máis facilidades para actualizar a información dispoñible no noso blog, incluídos os audios das emisións de Vivirmos nun mundo finito, que procederemos a poñer ao día o antes posible.

¡Escoitámonos cada semana nas ondas de Ames Radio ou na Internet!

Ah, e tamén vimos de abrir unha nova conta de correo para que vos poñades en contacto directamente coa dirección do programa:

correo electrónico