Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial.

Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial

Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocialO vindeiro domingo 14 de xuño de 2026 realizaremos unha interesante e innovadora actividade da man dos nosos compañeiros do Instituto Resiliencia. A sesión enmárcase nunha liña de investigación de Marta Moreno Muñoz centrada na intersección de ecopedagoxía, ecoespiritualidade e prácticas comunitarias en contextos de crise ecosocial, vencellada á súa tese doutoral El arte como experiencia de disolución del sujeto. Hacia una práctica artística en tiempos de colapso.

O encontro propón un primeiro espazo piloto de investigación-acción orientado a explorar formas de aprendizaxe colectiva e preparación ante escenarios de colapso, integrando as dimensións materiais, relacionais, emocionais, éticas e tecnoloxías low-tech, xerando coñecemento situado e encarnado.

Os contidos xerados nesta exploración compartida darán lugar a unha posterior publicación na revista 15/1515.

Esa sesión experimental será ofrecida polo Instituto Resiliencia e a asociación Ames Pospetróleo, coa colaboración do Concello de Ames, e como actividade do Centro de Saberes para a Sustentabilidade. Terá lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o domingo 14 de xuño en horario de 15:00 a 19:00 h.

Para participar é preciso inscribirse enviado un correo electrónico ao Instituto Resiliencia.

Debes tener el Javascript activado para poder abrir un email desde esta hiperimagen

Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial

Manuel Casal Lodeiro en Ames Radio.

Entrevista en «Ames ao día» co agallo das 200 emisións de «Vivirmos nun mundo finito»

Manuel Casal Lodeiro en Ames Radio.

Foto: Belén Martínez para Ames Radio.

O pasado luns 23 de marzo, unhas horiñas antes de se emitir o programa nº 200 do noso espazo na radio cidadá de Ames, Manuel Casal, o coordinador do mesmo, foi entrevistado por Belén Martínez e Juan Luis Silva no magazine Ames ao día da nosa radio municipal.

Podedes escoitar o programa no web de Ames Radio.

E lembrade que desde comezos deste ano, os podcasts de Vivirmos nun mundo finito hai que seguilos nunha nova fonte RSS: https://www.pospetroleo.com/ames/feed/podcast/vivirmos-nun-mundo-finito/ Actualizádea nos vosos lectores ou programas de podcast!