Programa nº 192, 26/01/26: O acordo de libre comercio con Mercosur (2ª parte). Entrevista: María Ferreiro Santos, do Sindicato Labrego Galego. Música: Sés.
Programa nº 192, 26/01/26: O acordo de libre comercio con Mercosur (2ª parte). Entrevista: María Ferreiro Santos, do Sindicato Labrego Galego. Música: Sés.
Programa nº 191, 19/01/26: O acordo de libre comercio con Mercosur (1ª parte). Entrevista: María Ferreiro Santos, do Sindicato Labrego Galego. Música: Nen@s da Galiza.
Programa nº 175, 21/04/25: “O futuro de Europa”. Entrevista con Antonio Turiel sobre o seu último libro, El futuro de Europa: cómo decrecer para una reindustrialización urgente. Música: Lagartija Nick. [Escoitalo en iVoox
] [Escoitalo en AmesRadio.gal
]
Programa nº 147, 19/02/24: “As protestas do agro”. Entrevista con Isabel Vilalba, do SLG. Música: Rastreros. [Escoitalo en iVoox
] [Escoitalo en AmesRadio.gal
]
Esta fin de semana fixéronnos chegar os documentos programáticos aprobados pola asemblea do BNG de Ames, que aínda que poderán ser ampliados e matizados —tal e como nos explicou Isabel Vaquero—, podemos tomar xa como mostra de en qué medida incorporan as propostas que lles fixéramos desde Ames Pospetróleo na nosa xuntanza do mes pasado.
Ao longo dos 5 documentos nos que dividen as medidas que conforman a base do programa da candidatura nacionalista Somos Ames, podemos atopar as seguintes medidas directamente tomadas das nosas propostas ou, cando menos relacionadas e ás veces unidas a outras propostas ou matices que non estaban presentas na nosa proposta:
Con todo, achamos algunhas medidas que chocan coas nosas propostas, polo menos aparentemente, e que deberían ser modificadas —na nosa opinión— para facelas coherentes coas medidas a prol dun Ames resiliente e preparado para a fin da civilización baseada no petróleo e no crecemento perpetuo:
Porén, o noso posicionamento, e o que pretende o conxunto de máis de 100 medidas que estamosa a propoñer para o vindeiro goberno municipal, parten do feito de que o que importa ao final é satisfacer as necesidades da xente, e que iso, nun contexto de colapso progresivo do modelo de sociedade industrial e captialista do crecemento, dependente das enerxías fósiles en proceso de esgotamento, xa non pode ser garantido polo emprego, e que, de feito, nunca foi o emprego o que facilitou o 100% das necesidades das personas no noso concello, apoiadas cada vez en maior medida na autosuficiencia alimentar e nos labores de coidados, case sempre cargadas sobre os hombros das mulleres. Polo tanto defendemos que o emprego sexa unha prioridade, pero non a absoluta, pois non deixa de ser un mecanismo indirecto para a satisfacción das necesidades. A prioridade absoluta debe ser que todo o mundo teña esas necesidades cubertas, haxa ou non haxa emprego.
Consideramos que o programa de BGN-Asembleas Abertas (Somos Ames) recolle moitas máis luces que sombras ao respecto da adaptación do concello cara a un Ames máis resiliente e adaptado á vida pospetróleo, aínda que non poidamos dicir que sexa un programa demasiado avanzado nin atrevido nese sentido. Non recollen todas as medidas propostas pola nosa asociación e moitas das que consideraron positivamente foron modificadas con respecto aos termos propostos por nós, matizando e eliminando algunha cuestión. Así e todo, por outra banda, inclúen outras medidas que nós non recolléramos e que si que van na liña necesaria, o cal quere dicir que eles tamén comparten boa parte dos criterios para un Ames pospetróleo. Isto é especialmente notable, como xa apreciáramos na nosa reunión con eles, nos terreos da revitalización da produción local de alimentos e mais do comercio local, aínda que nese segundo terreo lamentamos que se descartase unha medida tan importante como pode ser a creación dunha moeda complementaria local. Se cadra quedan algunhas lacunas que completarmos, pero como xa parten das medidas máis importantes como son o labor proactivo de concienciación e a elaboración dun plan para a transición enerxética, pensamos que o marco principal queda suficientemente trazado para poñer en marcha novas medidas se acada este grupo responsabilidades de goberno. Tamén será preciso que paulatinamente se abandone a énfase que se aprecia no programa por conceptos como o crecemento (aínda que se cualifique de sustentable, algo como comentamos que é incompatible) ou o emprego.
Agora agardemos que o resto de grupos tamén coincidan con estas medidas e así poidan colaborar con eles nun futuro goberno municipal, ou mesmo apoiar desde a oposición algo que debería quedar fóra totalmente do lexítimo rifirrafe político, pois as persoas que vivimos en Ames xogámonos demasiado como para que estas medidas poidan fracasar por cuestións partidistas.
Mentres agardamos que o resto de grupos políticos nos fagan chegar os seus programas ou a relación de medidas propostas pola nosa asociación que decidiron asumir e defender, procuraremos ir indicando no wiki as medidas que finalmente recolleu o BNG de Ames. Felicitamos ás veciñas e veciños que compoñen esta candidatura do Bloque por ter dado un paso moi importante e esperamos que noutros concellos esta formación política asuma medidas similares e vaia mudando políticas dun tempo que remata por políticas acaídas a un tempo de emerxencia enerxética, económica e social.
Onte martes 17, tivemos o terceiro dos nosos encontros cos grupos políticos de Ames, para trasladarlles as nosas propostas para un Ames resiliente e capaz de resistir nas mellores condicións posibles as graves consecuencias do Teito do Petróleo. Tras os pasados encontros con PSdeG e Ames Novo, desta volta foi a candidatura do BNG (Asembleas Abertas de Ames / Somos Ames) quen, representada por Isabel Vaquero, Alberte Souto e David Santomil, parolou con nosos membros Benxamín González e Manuel Casal en torno ao documento de propostas Ames Pospetróleo.
Na xuntanza, acollida novamente no Café Babia do Milladoiro, atopamos tamén boa recepción ás nosas propostas, como tamén foi en xeral a sensación cos outros grupos cos que nos levamos reunido. Tivemos ocasión de lles explicar algunhas medidas sobre as que amosaban máis dúbidas, como é o caso da proposta por unha moeda local complementaria, sobre a que lles achegamos as súas vantaxes e posibilidades así como algúns exemplos en funcionamento en diversos lugares do mundo. Eles amosáronse dispostos a incorporar as medidas ou boa parte delas, no programa que están a elaborar con achegas doutras persoas e colectivos de Ames, e diferenciaron claramente entre aquelas máis de tipo declarativo ou de pedagoxía/sensibilización social e as que sexan máis para transformacións a curto prazo, de tipo práctico, condicionadas á dispoñibilidade de recursos. Nese sentido fixéronnos ver que este concello é moi deficitario en canto a recursos humanos. Falamos tamén dos recurtes de competencias que están a sofrer os concellos, nomeadamente os máis pequenos, que vén as súas funcións en boa medida absorbidas polas Deputacións.
En canto ás medidas de sensibilización sobre o Peak Oil, amosáronse decididos a poñelas en marcha coa nosa colaboración nos meses inmediatamente posteriores ás eleccións, en caso de acadaren responsabilidades de goberno. Tamén as medidas de promoción económica lles pareceron especialmente salientables, e vencellaron a promoción e atracción que teñen pensado facer de empresas tecnolóxicas á cuestión das enerxías renovables, sobre a que podería mesmo pensarse nun viveiro específico para novas empresas deste tipo. Tamén fixeron moito fincapé nun duplo eixo, no que atopamos moita coincidencia coas nosas posturas: a promoción do comercio e distribución local por medio dunhas feiras ampliadas, e a promoción da produción local, especialmente de alimentos, na liña do proxecto Amorodo, sobre o que tamén nos falara moito a xente de Ames Novo. Así, apostarán por impulsar o aproveitamento das terras agrícolas do municipio con novos proxectos de agricultura ecolóxica, froiteiras, invernadoiros, etc. fuxindo das grandes explotacións habituais no país. Foi interesante coñecer da súa man que en Ames houbera en tempos unha produción moi importante de cereixa e de laranxas. Ademais, fixeron notar que Ames é un concello cunha renda media bastante alta con respecto ao resto da Galiza e nese sentido tería moitas posibilidades unha produción de calidade agroecolóxica destinada ao propio mercado local.
Outras cuestións que nos deron a coñecer foron o Feirón e a tarxeta de fidelización que puxeran en marcha os comerciantes do Milladoiro, como experiencias de promoción do comercio a nivel local. Tamén nos preguntaron acerca das cooperativas de enerxía renovable e estivemos falando das súas vantaxes e dos diferentes modelos e opcións existentes hoxe en día para que o concello contrate con elas, así como dos graves problemas que teñen moitos concellos coas grandes empresas eléctricas e que está obrigando a realizar auditorías para desvelar aunténticas estafas no cobro da luz aos concellos. Na cuestión do crédito mutuo entre empresas, que nós vencellamos co modelo de moeda local, eles mencionaron que tiñan previsto promover o crédito desde o propio concello.
Con David Santomil falamos da experiencia das hortas urbanas, que el coñece ben por promover unha no lugar de Coira, e que relacionamos coa cuestión do banco de terras que Alberte Souto tamén coñece de primeira man polo seu paso pola consellaría de Medio Rural nos tempos do goberno bipartito BNG-PSdeG. Falamos tamén moito do tema do transporte, das peculiaridades nese sentido dun concello como o de Ames e da necesidade de actuar a nivel local. Achegáronnos algunha referencia de sistemas de microbuses e falamos da posibilidade de combinar as novas tecnoloxías cun servizo a medio camiño entre os buses e os taxis para as zonas rurais do concello. No tema do transporte amosáronse bastante escépticos sobre as posibilidades de desincentivar o vehículo privado, ao que respondimos con modelos de compartición. Tamén falamos das Transition Towns e o que se leva tempo a mover no Reino Unido para se prepararen para a vida sen petróleo, e do Protocolo de Esgotamento do Petróleo que se aprobara en Portugal grazas á iniciativa do PCP. Tamén falamos do alto interese das hortas escolares e Isabel Vaquero mencionou o parque de Vista Alegre, en Compostela, como modelo aplicable dunha zona verde que produza alimentos.
Da xuntanza saíron algunhas ideas para mellorarmos as propostas de Ames Pospetróleo e un reforzado interese por estas cuestión dentro do grupo local do BNG, que esperamos se plasme durante as vindeiras semanas na adopción de boa parte das nosas propostas programáticas.
