O vindeiro domingo 14 de xuño de 2026 realizaremos unha interesante e innovadora actividade da man dos nosos compañeiros do Instituto Resiliencia. A sesión enmárcase nunha liña de investigación de Marta Moreno Muñoz centrada na intersección de ecopedagoxía, ecoespiritualidade e prácticas comunitarias en contextos de crise ecosocial, vencellada á súa tese doutoral El arte como experiencia de disolución del sujeto. Hacia una práctica artística en tiempos de colapso.
O encontro propón un primeiro espazo piloto de investigación-acción orientado a explorar formas de aprendizaxe colectiva e preparación ante escenarios de colapso, integrando as dimensións materiais, relacionais, emocionais, éticas e tecnoloxías low-tech, xerando coñecemento situado e encarnado.
Os contidos xerados nesta exploración compartida darán lugar a unha posterior publicación na revista 15/1515.
Esa sesión experimental será ofrecida polo Instituto Resiliencia e a asociación Ames Pospetróleo, coa colaboración do Concello de Ames, e como actividade do Centro de Saberes para a Sustentabilidade. Terá lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o domingo 14 de xuño en horario de 15:00 a 19:00 h.
Para participar é preciso inscribirse enviado un correo electrónico ao Instituto Resiliencia.


Programa nº 189, 22/12/25: Ames Solar. Comunidades enerxéticas en Ames. Entrevista: Javier Antelo e Patricia Yáñez. Música: Viva Suecia. [
Programa nº 178, 12/05/25: Programa especial sobre o apagamento do 28 de abril, coas testemuñas e reflexións, entroutros, de Xosé Manuel Durán, Antonio Turiel, Carlos de Castro, Ramom Flores e Manuel Casal. Música: Emilio Santiago & Duarte Artabe. [
Programa nº 177, 05/05/25: “Tuuinx, moda slow e sustentable”. Entrevista con Siyi & Sixing,
Programa nº 162, 03/06/24: “A mudanza climática vista pola nosa rapazada”. Inclúe un miniespazo con
Programa nº 157, 29/04/24: “Explicando o descenso enerxético á nosa mocidade”. Con Manuel Casal Lodeiro. Música: Boyanka Kostova. [
Programa nº 136, 20/11/23: “Reutilización electrónica no Milladoiro”. Entrevista: Luis Alberto Fernández. Música: Ismaël Lô. [
