Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:ames:economia_e_goberno:orzamentos_municipais_pospetroleo
Translations of this page:

~~NOTOC~~ ====== Ames pospetróleo: Orzamentos municipais pospetróleo ====== ==== Descrición ==== Revisar os orzamentos e o nivel de endebedamento á luz dun contexto permanente de declive da actividade económica actual (medida polo PIB). ==== Estado ==== Proposta. ==== Comentarios ==== A reformulación das contas públicas debería facerse baixo parámetros netamente diferentes ás receitas actuais promovidas desde a Unión Europea ou o Fondo Monetario Internacional que, conforme á doutrina neoliberal, non fan máis que afondar nas contradicións que trouxeron de forma acelerada á situación de crise actual. Nun contexto de reestruturación económica xeral tamén debe haber un cambio revolucionario no modo de entender as contas públicas en materia de ingresos como de gastos. Sen menoscabo dos servizos públicos gratuítos fundamentais, cuxo dereito debería permanecer inalienábel, debería camiñarse cara unha reconfiguración máis descentralizada, máis autónoma, fronte ao xigantismo de estruturas administrativas onde a burocracia e o dirixismo centralizador absorbe unha parte crecente dos recursos públicos e que deberían utilizarse en favor dunha extensión da gratuidade dos mesmos. === Efectos positivos adicionais === * :-) Axudará a un aforro global dos gastos municipais. * :-) Contribuirá a unha meirande independencia financeira tanto respecto doutros organismos do Estado como das entidades de crédito privadas. === Impactos negativos que diminúe === * :-( Evitará entrar nunha espiral de endebedamento sen saída. ==== Referencias (bibliografía, etc.) ==== ==== Arquivos anexos ==== {{tag>economía ingresos orzamentos débeda aforro gastos independencia_financeira bancos crédito burocracia servizos_públicos contas_públicas crise_económica descentralización UE FMI PIB decrecemento}}

gl/ames/economia_e_goberno/orzamentos_municipais_pospetroleo.txt · Última modificación: 2015/03/09 16:24 por aapp

Municipios pospetroleo