Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin
gl:manual
Translations of this page:

====== Manual para colaboradores ====== O primeiro é consultar [[https://www.dokuwiki.org/wiki:syntax|a sintaxe deste tipo de wiki no web do Dokuwiki]]. Despois hai que seguir unha sinxelas pautas para nos organizarmos, que iremos describindo nesta páxina. Dado que o conxunto inicial de medidas está en galego, o primeiro que cómpre facer é traducilas aos outros idiomas como punto de partida para, desde aí, manter independentemente cada conxunto de medidas e ir despois creando as medidas concretas doutros municipios. ===== Para traducir páxinas xa existentes ===== - Ir á páxina que queremos traducir. - No menú despregable de idiomas, elixir aquel ao que queremos traducir. - Diranos que non existe a páxina. Damos a crear a páxina facendo clic no icono gris do lapis na barra na dereita da páxina. - Modificamos os contidos, a partir doutra tradución xa creada (ollade que podemos elixir a partir de cal facemos a tradución; normalmente será a versión en galego, pero a medida que haxa outras poderemos partir delas). - Damos a Previsualizar para ver se o fixemos ben, ou a Gardar directamente. Ao crearmos esa nova páxina, a URL conterá as palabras do idioma inicial. É dicir, p.ex.: ''http://www.pospetroleo.com/municipios/doku.php?id=gl:a_corunha:urbanismo:revision_urbanistica_para_a_vida_en_proximidade'' ao ser traducida ao castelán producirá unha páxina cuxa URL será: ''http://www.pospetroleo.com/municipios/doku.php?id=es:a_corunha:urbanismo:revision_urbanistica_para_a_vida_en_proximidade'' Isto non é o ideal, pero como punto de partida valerá. Máis adiante revisaremos estas páxinas, para modificar a URL dunha maneira coherente e que sexan p.ex.: ''http://www.pospetroleo.com/municipios/doku.php?id=gl:a_corunha:urbanismo:revision_urbanistica_para_la_vida_en_proximidad '' o cal requirirá probablemente usar un sistema de redireccionamento para que non se perda o vencello entre as diversas traduccións dunha mesma medida. :-/ Esta cuestión está pendente de estudo. FIXME ===== Para completar páxinas xa existentes ===== En moitas das páxinas con medidas xa existentes adoita haber varios aspectos que completar, p.ex.: * Poñer as etiquetas pertinentes ou completar as que xa hai: * O //tagging// debe ser conceptual, a modo de descritores, como se fai habitualmente nos blogs, p.ex. * Deben poñerse no caso das medidas referidas a unha localidade concreta, o nome da propia localidade como etiqueta? En principio, non. * Debe poñerse a propia categoría á que pertence a medida tamén como etiqueta? Si, pode ser útil. * Vencellar con outras //Medidas relacionadas//. * Comentarios de diverso tipo: * Visión //en positivo// (aspectos positivos que traerá a medida). * Visión //en negativo// (cousas negativas que evitará). * Dificuldades para a súa aplicación (ou incidencias no seu proceso de aprobación e aplicación, se se refire a un concello concreto). * Por qué é de interese nun contexto pospetróleo (se é que non resulta obvio). * Etc. * Corrixir grallas e erros lingüísticos. * Engadir detalles na descrición. * Engadir referencias bibliográficas ou a URLs de referencia. ===== Para crearmos novas páxinas ===== A creación de novas páxinas é un tema delicado, que se non o facemos de maneira correcta e coherente co resto de páxinas xa existentes, pode crear certa lea na organización da información. Por iso o máis conveniente, mentres non se controla o sistema, é pedir a **oficina EN asociacion-touda PUNTO org** que nos cre a páxina índice do noso municipio e se é posible tamén as páxinas de sección. A partir de aí é moito máis sinxelo, pois só teremos que crear as medidas concretas, o cal se fai así: - Dentro do texto da páxina índice de sección na cal esteamos, seleccionamos un texto que queiramos converter en ligazón á medida. P.ex. na frase "Creación dunha moeda local para o concello e a súa comarca" podemos seleccionar "Creación dunha moeda local". - Con ese texto seleccionado pulsamos na icona da bóla do mundo cun elo, indentificada como ''Ligazón externa''. - Isto poranos un par de corchetes ao redor das palabras seleccionadas. En realidade non estamos a crear unha ligazón //externa// senón preparando unha //interna//, pero este truco faino sinxelo. - Gardamos a páxina. - Veremos que nos creou unha ligazón en vermello e subliñado descontinuo: iso quere dicir que esa páxina interna non existe. - Simplemente temos que facer click nesa ligazón recentemente creada e levaranos a nova páxina situada jeráquicamente dentro do espazo correcto. Diranos que non existe e creámola pulsando na icona do lapis. - Resultaranos útil ter como molde outra páxina doutra medida xa creada, para o cal, noutra pestana ou xanela do navegador, podemos abrir o código doutra páxina coma se o fósemos editar, e copiamos o seu contido na nova páxina que estamos a crear. Iso permitiranos partir da mesma estrutura de contidos para todas as páxinas. Quizais no futuro fose máis cómodo ter un molde de páxina que saíse por defecto, pero de momento non está creado e as páxinas saen en branco se non son tradución doutra preexistente. FIXME ===== Notas e observacións ===== * Cando vemos ''NOTOC'' ao comezo dunha páxina quere dicir que non queremos que se amose a táboa de contidos. * As etiquetas (tags) deben estar separadas por espazos en branco. Poden conter acentos, eñes, etc. Se unha etiqueta está composta por varias palabras, separarémolas co símbolo ''_'' : P.ex. //soberanía alimentaria// sería ''soberanía_alimentaria''. * Os índices de cada sección deberían ser unha páxina cuxa URL rematase en '':start'' (p.ex. ''http://www.pospetroleo.com/municipios/doku.php?id=gl:a_corunha:urbanismo:start'' ) pero algunhas teñen '':indice'' en troques. Estas están pendentes de ser redirixidas para evitar unha posible duplicación e por coherencia na estrutura de URLs. FIXME

gl/manual.txt · Última modificación: 2015/03/24 07:50 por touda

Municipios pospetroleo