gl:minho:indice
Medidas para un Miño pospetróleo
Estas medidas foron definidas polo Centro para a Resiliencia Pousadoira, tomando como base as previamente existentes no wiki Municipios.Pospetroleo.com.
Ao contrario doutros municipios, neste caso non están organizadas por áreas:
- Accións de información e formación á poboación explicando a realidade dos límites ao crecemento, da problemática do cambio climático e o cénit da producción de enerxías fósiles e de moitas materias primas.
- Creación dunha empresa público-privada para producir enerxía eléctrica a partir da microxeneración nos muíños dispersos polos ríos do Concello. Tentar implicar a concellos limítrofes, Vilarmaior, Paderne, Irixoa.
- Potenciar o transporte público eficaz interconcello e coas cabeceiras de comarca Betanzos e Pontedeume.
- Promover e incentivar a producción de alimentos e a comercialización dos mesmos en mercados de próximidade.
- Elaborar un mapa de recursos materiais e humanos do concello. Quén, ónde e qué sabe facer.
- Crear un centro de formación sobre autosuficiencia e vida sostible (bioconstrucción, agroecoloxía e permacultura, oficios e saberes tradicionais).
- Crear bosques de alimentos e e potenciar hortas para auto-comsumo en terreos públicos.
- Crear un centro para o tratamento do lixo municipal, no que se faga a súa selección para a súa posterior reutilización e reciclaxe evitando os custes de desplazamento e tratamento en Sogama e xenerando postos de traballo de xeito directo.
- Modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal orientando este cara ás necesidades dunha sociedade pospetróleo.
- Difundir a cultura da transición pospetróleo e o necesario cambio dunha economía de custes e beneficios a outra de satisfacción de necesidades, sustento da vida humana e cara as relacións persoais basadas no dialogo e respeto.
gl/minho/indice.txt · Última modificación: por touda
